Sábado, 19 de Maio de 2012  
 
 
 
 
FESTAS E EVENTOS
 
 
PROXIMAMENTE
 
Santa Rita
Ons
 
 
Calendario completo
 
 
NOVAS
 
 
Curiosidades
Cultura
Sociedade
Politica
Deportes
Empresas
 
 
CONTIDOS
 
 
Servizos
Vídeos
Denuncias
Retallos de intrahistoria
Diario dun aventureiro barcalés
Lendas barcalesas de difícil verificación
O transeúnte barcalés Valdo-Quintín Chamorro
Aqueladas
Noutro tempo...
Contáctanos
 
 
 
OUTRAS WEBS DO VAL
 
 
Concello de Negreira
Concello de A Baña
Agrupación Socialista A Baña
Asociación de Filloas da Pedra
Clube de Tenis de Negreira
Orquesta Olympus
Quiero ciclismo
Clube Ciclista de Negreira
Kaña d´herbas
Molestons
Marmota Phil
Logrosa
A Charanga Mekánika
Festexos de Negreira
Negreira Veteranos
Carnaveleiros de Barcala
Os Pícaros de Barcala
O Blog de Javierinho
Asoc. Deportiva Nicrariense
Asoc. Empresarios Negreira
Indecisos
O blog de Rockin´13
O Blog de Rubén Suárez
El silencio de Mara
Asoc. Micolóxica Sendeiriña
Passupassion, O blog de Passu
IES "Xulián Magariños"
O Blog de Xan Solo
Jorge Castro Tieles
Ágora, O blog de M. L. Tuñas
O blog do PP de Negreira
Asociación Deportiva do Coto
BTTranos de Negreira
Novas Xeracións do PP de Negreira
Barricas Folk Rock Festival
Xente Nova de Alvite
 
 
FOTOS DO VAL
 
 
ARQUIVO
 
 
Maio/2012
Abril/2012
Marzo/2012
Febreiro/2012
Xaneiro/2012
Decembro/2011
Novembro/2011
Outubro/2011
Setembro/2011
Agosto/2011
Xullo/2011
Xuño/2011
Maio/2011
Abril/2011
Marzo/2011
Febreiro/2011
Xaneiro/2011
Decembro/2010
Novembro/2010
Outubro/2010
Setembro/2010
Agosto/2010
Xullo/2010
Xuño/2010
Maio/2010
Abril/2010
Marzo/2010
Febreiro/2010
Xaneiro/2010
Decembro/2009
Novembro/2009
Outubro/2009
Setembro/2009
Agosto/2009
Xullo/2009
Xuño/2009
Maio/2009
Abril/2009
Marzo/2009
Febreiro/2009
Xaneiro/2009
Decembro/2008
Novembro/2008
 
 
Nota de prensa do BNG de Negreira sobre a perda dunha subvención para a banda de música Ateneo
 
Os pobos levan bailando dende fai tanto tempo cos políticos máis feos que xa non senten as adormecidas pernas. As dereitas, as esquerdas. Unha selección natural da que van caendo os electores máis esixentes e perpetúa nos gobernos o voto estanco, fanático e clientelar.

E nesa granxa sen rebelións na que o movemento só coñece a dirección ós sacos de penso, os galos ouvean, as ovellas acocoran e os lobos bean para que así, na ausencia de son acompasado, o caótico barullo continúe o seu discorrer polos zarangallados meandros da política.

E seica logo unha subvención da Deputación da Coruña para instrumentos musicais se leva perdendo no esquecemento neuronal dos nosos xestores municipais dende o 2010. E seica a perda de instrumentos para a banda municipal Ateneo de Negreira xa é definitiva.

Ou así nolo fai saber o BNG de Negreira mediante unha nota de prensa á que podedes acceder percusionando no afinado “ler máis”. Un BNG ó que non lle serven as explicacións radiofónicas do anterior alcalde, Jorge Tuñas, nas que etiquetaba a subvención como propia da banda municipal, non do Concello, pois reclaman os nacionalistas a laboura de “informar, asesorar e axudar en todo o posible, ás entidades culturais de Negreira, especialmente no papeleo e prazos das subvencións”

A webeira valdebarcalesa, perante ausencias rítmicas e bailes de pisóns, cre máis preciso que nunca elevar o berro incansable de:
Máis Música!

Ler máis...(Comentarios 0)    
 

 
Feliz Día das Letras Galegas 2012
 
Día propio da nosa doce lingua galega, este Día das Letras Galegas do 2012, vai adicado á figura do xurista e galeguista pontevedrés Valentín Paz Andrade.



Letras galegas de 2012 que tiveron o seu aquel anticipado no IES “Xulián Magariños” de Negreira, que recibía o pasado venres, ó fillo do homenaxeado, Alfonso Paz-Andrade, que ofeceu ó alumnado unha interesante conferencia baixo o título “A internacionalidade de Valentín Paz-Andrade”.

A dito acto asistiron tamén o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gomez,  o alcalde de A Baña Jose Andrés García Cardeso, o teniente de alcalde de Negreira Juan Rey Maceira, o inspector do centro, Faustino Salgado López, representantes da ANPA "A Barcalesa", e o equipo directivo e profesorado en xeral.


E oportunamente, de par desta data de festividade galega, tamén dende o berce educativo de Barcala, nos achegan o cartel deseñado pola profesora de Debuxo do I.E.S.Elena Paredes Sánchez, en lembranza do recentemente desaparecido e ilustre galeguista Isaac Díaz Pardo.



¡E Feliz Día das Letras Galegas!
Ler máis...(Comentarios 0)    
 

 
O portavoz do PIdeN Antonio Hombre pide a unión das forzas políticas para evitar a perda dos Xulgados de Negreira
 
Poucos asuntos aparecen no mediante dos tempos que apuren tantas plurais voces na súa contra, coma o serio caso da proposta provisional vertida a pasada semán polo Consello Xeral do Poder Xudicial, e que incluía a posibilidade dunha fría fouzada ó noso xeitoso Partido Xudicial de Negreira.

Disfrazada no seu texto orixinal de perversa modernidade no seu sentido máis vello e arcaico (moderno = urbanita), a proposta quere resolver que a Xustiza leve todos os seus medios á metrópoli, deixando a miles de paisanos que moran nos pobos, illados ou atomizados para se procurar eficientemente a xustiza que de seu tamén lles corresponde.

Regresión, que lle decimos nós, pois ¿Haberá algo máis moderno e evolucionado nunha sociedade, que ofrecer as prestacións básicas ós seus cidadáns o máis preto posible do seu fogar?

Neste mesmo senso crítico, se manifesta tamén o bo amigo da webeira e portavoz do Partido Independiente de Negreira -PideN- Antonio Hombre Aguado, quen elexíu a valdebarcala.es como altofalante da súa frontal oposición a esa calculadora proposta, que teima en quitar de Negreira os seus Xulgados de Instrucción e de Instancia. Antonio Hombre, ademáis, propón a creación conxunta das forzas políticas locais dunha Comisión de Seguimento, co fin de facerlle chegar ó Tribunal Superior de Galicia, a disconformidade política para coa devandita proposta.

A continuación, facendo un miudiño clic sobor do ler máis de embaixo, podes ler o comunicado íntegro que o portavoz do PIdeN, Antonio Hombre Aguado, fixo chegar á redacción de Valdebarcala.es.

Ler máis...(Comentarios 0)    
 

 
O PSOE de Negreira non está de acordo co novo regulamento da Escola de Educación Infantil
 
Nun texto no que se comeza a apreciar, para beneficio de todos os veciños, que a agrupación socialista de Negreira aceptou ao fin o pacto de goberno entre o PP e o PBN, e a bilis que rezumaba nos textos anteriores muda en crítica argumentada sen excesivos ornamentos descalificatorios, o PSOE nicrariense manifesta o seu desacordo co novo regulamento da Escola de Educación Infantil aprobado no pleno do Concello de Negreira do xoves 10 de maio.

Os puntos de principal desconformidade son a demora no horario de apertura, que pasa das 07:30 ás 08:00, o cerre do servizo no mes de Agosto e a discriminación positiva a favor dos empregados do centro na reserva de prazas para nenos. Pero sobre todo a posibilidade de expulsar a un neno (0-3 anos de idade) "por incompatibilidade e inadaptaciòn absoluta para permanecer na Escola". Isto ben sendo, por comportarse coma nenos.

Coa intención de que os pais sepan da normativa a aplicar e en consecuencia opten pola indignación, a resignación ou mesmo a comprensión, é que nos remiten a nota de prensa. Espreme sen máis dilación no “ler máis” para sacarlle todo o zume posible ó texto e xa logo vitaminizado, formar unha opinión de boa mañá!

Ler máis...(Comentarios 0)    
 

 
Barcalesismo en La Habana. Da proveitosa visita de X. Amancio Liñares Giraut a Cuba
 
Habería que preguntarse, valdebarcaleses, o que sería da nosa historia e cultura local, sen a traballadora e talentosa figura do mestre, historiador, editor, escritor, intelectual e incansable afoutador social, X. Amancio Liñares Giraut.

Insigne barcalés, amante coma poucos da súa terra que, tanto cos seus libros e artigos escritos na prensa máis importante do país, coma cos seus ben coñecidos compromisos sociais pola bisbarra nosa, decanta de cada vez, un Val de Barcala moito máis digno e fachendoso.

Nesta ocasión, o noso bo amigo Amancio, volvía a ser protagonista de asunto nos falangueiros barcaleses, por mor da súa recente visita a La Habana, onde levou a xeitosa feitura dunha axenda cargadiña de bos faceres, en prol da sociocultura barcalesa e galega.

Así é que foi, coma el mesmo informaba a valdebarcala.es, que entroutras actividades, X. Amancio Liñares Giraut, impulsou en Cuba un paso máis no camiño que nos leve a conseguir o anhelado Conservatorio de Música para Negreira, recollendo a adherencia nesta teima barcalesa, dun dos máis importantes músicos da historia, o gran Pablo Milanés.


Axenda comprometida coa terra súa do Val de Barcala, que seguía co encontro coa xunta directiva da nosa benquerida Unión Barcalesa de La Habana no Centro Galego da Habana onde Amancio facía “entrega da doazón enviada polo Grupo España Exterior, como froito da venda dos seus libros cando se celebrara en Negreira a HOMENAXE ÓS NOSOS EMIGRANTES (18 de decembro de 2010)”, e onde tamén fixo “entrega dos agasallos enviados polo alcalde José Blanco Pazos á U.B., en nome do Concello de Negreira”.



Asemade, Amancio tamén visitaba o “Instituto de Secundaria Básica José Martí, no municipio habaneiro de El Cerro, coa idea de establecer un contacto entre o alumnado, profesorado e equipo directivo deste Centro cubano e o IES Xulián Magariños de Negreira.

Axenda que completou virtuosamente, cunha conferencia no Centro Galego de La Habana sobre Valentín Paz-Andrade, escritor e galeguista a quen se lle adica este este ano o Día das Letras Galegas, e coa presentación do libro (Tamén no Centro Galego da Habana).

* El Grupo España Exterior presenta en La Habana su último libro sobre temática migratoria 'La memoria de la emigración'

Completiña, estimulante e ben proveitosa axenda a que o noso mellor embaixador, X. Amancio Liñares Giraut , decantou con mestría nas exoticamente enxebres terras de Cuba, para beneficio duns -cubanos- e doutros -barcaleses-.

E con todo iso sobre o aquel...

Máis Música! E dende logo, Máis Amancio!

Ler máis...(Comentarios 2)    
 

 
Feliz 98 aniversario ó noso ilustre veciño e insigne galeguista Avelino Pousa Antelo
 
Tal e como nos lembran hoxe no recuncho cultural das efemérides os profesores Antonio Puentes Chao e X. Amancio Liñares Giraut, tal día coma hoxe de 1914, nacía en San Xoán de Barcala (A Baña), Avelino Pousa Antelo, unha das máis relevantes e significativas figuras do agrarismo galego, insigne galeguista, e ilustre veciño do Val de Barcala.

Vaia hoxe dende a webeira, e en nome de todos os veciños que representemos, a máis leda felicitación e parabéns ó noso veciño Avelino Pousa Antelo, por esos noventa e oito anos de proveitoso traballo e compromiso coa terra nosa de Galicia e de Barcala.

Nota: O debuxo de Avelino da fotografía, é un detalle recollido da banda-presentación da homenaxe que con motivo do Días das Letras Galegas de 2011, se lle fixo a Avelino Pousa Antelo no IES "Xulián Magariños". 

Ler máis...(Comentarios 0)    
 

 
O IES Xulián Magariños de Negreira celebra as Letras Galegas coa presencia de Alfonso Paz-Andrade.
 
Previamente á semana na que repousa o día grande das Letras Galegas, celebra o IES Xulián Magariños os seus actos en honor ós grafemas que nos fan pobo. O galego, non está de máis lembralo!

Os actos terán coma eixo concéntrico a conferencia coa que Alfonzo Paz-Andrade nutrirá de vitamina intelectual ós alumnos barcaleses. Baixo o título de “A internacionalidade de Valentín Paz-Andrade”, o fillo do escritor homenaxeado neste ano 2012 no Día das Letras Galegas aproximará ós asistentes a faceta transfronteiriza do poeta e ensaísta pontevedrés.

A inauguración da mostra “Colleita de 1898” por parte do Secretario Xeral de Política Lingüsitica, Valentín García e unha pintura mural no exterior do centro educativo, organizado polo equipo de Dinamización Lingüística, completarán a xornada festiva no Instituto.

Deixamos para o seu coñecemento, tan pretiño coma premer no “ler máis”, o Curriculum Vitae do conferenciante Alfonso Paz-Andrade, cedido á webeira pola dirección do IES Xulián Magariños.

Ler máis...(Comentarios 0)    
 

 
Preocupación xeral polo posible traslado do Xulgado de Negreira a Santiago. Notas de prensa do PSOE e BNG
 
A estas alturas do ciclo, imos coa miúda sensación de que se viven inelutábeis tempos de axitación. Tan históricos coma ocorrentes. Tempos que levan unha burocracia nerviosa -coma un can escaravellador- e que teiman con forza no desmoronamento do estado das cousas do Estado, e co leitmotiv de fondo de que, sexa o que sexa, haberá que cambialo.

Nesta dinámica de mutacións e movementos, chegou o turno de mudar os chismes da Xustiza.

Así, co enxeño e agudeza tan propio de todo o que de Madrid se propaga cara as provincias, resultou que o pasado xoves día 3 de maio deste serio ano 2012, o Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial, fixo a súa aportación lumbrera ó mundo dos cambios, e aprobou unha proposta que leva como bandeira, a creación dunha nova división territorial dos partidos xudiciais e que, en resume, leva o fondo dunha sustantiva agrupación sistemática dos Partidos Xudiciais espallados pola ancha España invertebrada.


Para o que nos interesa ós valdebarcaleses, resultou da referida proposta, que o noso histórico e simpático Partido Xudicial de Negreira, deixaría de ser tal coa perda do seu Xulgado de Instrucción e 1ª Instancia, que pasaría formar parte do Partido Xudicial de Santiago de Compostela... Nada novo baixo o sol, certamente, pois o Xulgado de Negreira xa levou no século XX unhas itinerantes idas e voltas da capital á vila e da vila á capital, ata que no ano 1989, sendo alcalde X. Manuel López Tuñas, Negreira recuperara, parecía que xa definitivamente, o seu Xulgado.

Así, polo de pronto, e á espera de que se manifeste o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia e de que esta proposta, todavía provisional, se debata tamén nos circunloquios burocráticos do Ministerio de Xusticia, dos órganos de goberno das Comunidades Autónomas e concellos afectados, todo indica que Negreira, deixaría de ser Partido Xudical nun tempo futuro non moi lonxano.

E mediando esta nova, xa entón deixamos as verbas escritas polos partidos políticos da oposición de Negreira (BNG e PSOE) en cadanseu comunicado de prensa, no que se manifestan abertamente na contra desta proposta, buscando ademáis o consenso e a unión global de todos os grupos políticos do concello, incluíndo ó PP e ó PBN, para posicionarse oficialmente en desacordo.

Facendo un cliquiño no ler máis de embaixo, poderás ler, íntegras, as notas de prensa amablemente facilitadas á webeira polo BNG e o PSOE de Negreira.

Ler máis...(Comentarios 1)    
 

 
Do que foi o I Encontro do Servizo de Mediación no IES Xulián Magariños
 
Recente remitidas dende o Instituto Xulián Magariños de Negreria apousan no correo webeiro as instantáneas das xornadas que se celebraron no centro educativo baixo o nome de I Encontro do Servizo de Mediación.

As vindeiras, que xa non serán as primeiras, partirán cun nivel de referencia de altura, tanto pola boa organización que levaban as celebradas, Adelino e compañeiros mediante, como polo éxito das mesmas: máis de 80 alumnos diplomados en mediación de conflictos que a bo seguro farán dos seus institutos un oasis de conducta cívica, eixo vertebrador das maneiras sociais do próximo futuro e garante do reino da palabra por riba do estrondo dunha masa levada ó extremo do paroxismo no ruído.

Como xa tiñamos informado na webeira, gustosa de servir como altofalante dos aconteceres académicos dirixidos polo equipo directivo do instituto, as xornadas contaron coa participación de profesores e alumnos dos institutos Antón Fraguas de Santiago de Compostela, o San Alberto de Noia, o Esparís de Brión e o anfitrión Xulián Magariños, ós que se lles sumaron dous profesores e máis a directora do leonés A Robla de León, presentando un proxecto de mediación con recoñecemento ministerial.



O Concello e a ANPA barcalesa tamén quixeron estar representados nas xornadas. O primeiro coa asistencia da traballadora social do Concello e a ANPA polo seu presidente, Jorge Tuñas.

Moitas grazas ó IES Xulián Magariños polas fotografías!
Ler máis...(Comentarios 0)    
 

 
"Abarcalesadas" Letras Galegas 2012 en Negreira
 
Consonte abrolla a actualidade barcalesa, mediatizados polo groso, a redacción de valdebarcala.es, coa curiosa curuxa Albi á fronte, embuímonos tamén no galego ambiente previo á celebración das letras nosas que polo rondante do 17 deste mes de maio, volverán a por o anual adobío impreciso e lene, pero necesario, na fachenda dos que tentamos a expresión no idioma propio.

Nesta dinámica de publicidade do que vai a ser, a Concellería de Cultura do Concello de Negreira anunciou onte mesmo á opinión pública, nun acto presidido polo propio concelleiro Luis Calviño Pueyo acompañado polo técnico municipal -traballador incansable polo seu pobo- Marcos Pérez, o programa oficial de homenaxe ás Letras Galegas.

Un programa, que inclúe a singular lembranza ó galeguismo propio da terra de Barcala, coa exaltación de dúas relevantes figuras da cultura galega que a nosa terra ofreceu ó mundo.

Nese paso, queda a estupenda iniciativa da presentación, o mesmo 17 de maio, do I Premio de Poesía “Ardeiro”, en fermosa e xusta homenaxe ó que foi -e será por sempre- o poeta da terra nosa de Barcala, X. Manuel López Ardeiro.

Polo mesmo, vai tamén sentida a acordanza da figura de Manuel Cipriano “Xulián” Magariños Negreira, abrindo ó público en xeral, a sala na que se conserva o despacho do insigne avogado, escritor e galeguista nicrariense.

Asimesmo, o sábado día 19, ás 19:30h, anúnciase tamén o tradicional concerto que cada ano por estas letras, ofrece a Banda Ateneo de Negreira.

Letras Galegas de 2012, adicadas ó vigués xurista, xornalista e escritor Valentín Paz Andrade, cuxa exaltación da súa obra e vida en Negreira, terá lugar -como xa adiantamos nos seu día nesta webeira-, no privilexiado IES Xulián Magariños este vindeiro venres día 11 de maio, coa visita ó berce educativo barcalés, do fillo do homenaxeado, o experto internacional en temas de pesca, director da revista Industrias Pesqueras e vicepresidente da Fundación Castelao -entre outros varios cargos- Alfonso Paz-Andrade.

Queda entón e así, debuxado tamén na webeira valdebarcalesa, avelaíño, o panorama que dende Negreira, pimpante locerá na honra deste noso idioma fermoso.

PD: Polo camiño desmarcamos outros estupendos aconteceres culturais previstos no tempo e que, inda conxuntamente anunciados onte, entendemos que non enfeitan combinados nesta contorna letrada.

Ler máis...(Comentarios 0)    
 
USUARIOS
 
 
Usuarios rexistrados:423
 
Usuarios en liña
Convidados:2
 
 
PATROCINADORES
 
 
 
 
USUARIOS NO CHAT
 
 
janira
 
 
 
BLOGS
 
Blog verde
Blog de Ardeiro
Blog de Larry Lurex
Blog de Receitas
 
ÚLTIMOS COMENTARIOS
 
 
Barcalesismo en La Habana. Da proveitosa visita de X. Amancio Liñares Giraut a Cuba
User avatar  Administrador dixo: ...
Estimado Perry Mason, nesta páxina de sempre se a ...
 
User avatar  Perry Mason dixo: ...
Vaia logo...
nesta páxina se non levas a v ...
 
Preocupación xeral polo posible traslado do Xulgado de Negreira a Santiago. Notas de prensa do PSOE e BNG
User avatar  Perry Mason dixo: ...
Agora a xente quere facer pobo
pero votaron ...
 
Noite de cicloxénese explosiva rockeira en Negreira!
User avatar  Lueiro dixo: ...
¡Mimadriña! ¡Canto talento rockeiro por aí!
 
O Psoe de Negreira advirte descoordinación na organización do paso do Rally de Noia por Negreira
  valeron dixo: ...
que non xogue o negreira este finde,que algun xoga ...
 
 
MURO
 
 
Ver todos os comentarios
 
User avatar Bo dixo: ...
Pasando de todo, pasandoo ben! ...
 
User avatar Lueiro dixo: ...
Ti sempre te apañas para pasalo ben! ...
 
User avatar Bo dixo: ...
Pois eu lembro como gozei nun concerto en A Coruña na que o cartel o formaban Neil Young e Beck. E ...
 
User avatar Lueiro dixo: ...
Pois moi ben me ven que traias até aquí a psicodelia dos Pink Floyd, pois levo unha semán moi Nei ...
 
User avatar Bo dixo: ...
Case tanta como os Pink Floyd para facer psicodelia, con presentadores incluidos! ...
 
 
ÚLTIMOS COMENTARIOS FORO
 
 
Os mellores grupos de "Southern Rock"
 candepalleiro dixo: ...
LUISIANA,S LeROUX banda orixinaria de Luisiana for ...
 
 candepalleiro dixo: ...
ELI YOUNG BAND e unha banda norteamericana de coun ...
 
Películas do 2012
User avatar Lueiro dixo: ...
Película malísima, case peor, é a de " &qu ...
 
As mellores películas da década (2000-2010)
User avatar Bo dixo: ...
Vaia! Cunha defensa así é de obrigado cumpriment ...
 
Os mellores grupos de "Southern Rock"
 candepalleiro dixo: ...
DIXIE CHICKS e un trio musical dos USA nacido en T ...
 
 candepalleiro dixo: ...
JO HIKK e un grupo canadiense de country e country ...
 
 candepalleiro dixo: ...
LOVE and THEFT e un duo norteamericano de country, ...
 
 candepalleiro dixo: ...
LORETTA LYNN MORGAN: LORRIE MORGAN nacida en 1959 ...
 
 candepalleiro dixo: ...
LONESTAR e unha banda norteamericana de country ro ...
 
 candepalleiro dixo: ...
LOGGINS & MESSINA son unha banda norteamerican ...